Galicia

Galicia

Publicación editada en Madrid a partir de xullo de 1906. Cesou a súa edición en xaneiro de 1909. Subtitulouse “Revista quincenal ilustrada”. Fundada e dirixida por Augusto C. de Santiago, a finais de 1907 pasou a ser propiedade de Xavier Vales, Manuel Vidal e Basilio Álvarez; este último foi o seu director dende novembro de 1908. Saíu a partir duns actos políticos celebrados no día de Santiago de 1906. Incluíu biografías, crónicas de actualidade, información socioeconómica, cultural e política de Galicia e Madrid, e diversos textos literarios.