Galicia, conde de

Galicia, conde de

Título co que se coñecía, durante o reinado de Afonso VI (1071-1109), ao nobre encargado de gobernar o Reino de Galicia en nome do rei. Ocuparon este cargo, entre outros, Oveco Bermúdez, Rodrigo de Ovéqueiz, Reimundo de Borgoña e Urraca.