Galicia Europa, Fundación
Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 15 de febreiro de 1988 presidida polo presidente da Xunta de Galicia. Agrupa diversas entidades públicas e privadas representativas da vida económica e social de Galicia. O padroado está integrado por representantes das entidades que compoñen a fundación: Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras Gallegas de Comercio, Industria y Navegación, CC da Coruña, CC de Ferrol, CC de Ourense, CC de Pontevedra, CC de Santiago de Compostela, CC de Tui, CC de Vigo, CC de Lugo e CC de Vilagarcía. Entre os seus obxectivos inclúense fomentar o achegamento da realidade galega á realidade europea e aos países da Unión Europea en especial, e está aberta á colaboración de todas as institucións que persigan os mesmos fins.