Galicia Expresese

Galicia Expresese
[PUBLIC]

Revista mensual de información xeral editada polo Grupo Editorial Galego en Vigo a partir de setembro de 1983. Subtitulouse “Unha terra, unha xente, unha información propia”. Dirixiuna Ciprián Rivas. Ademais do seu equipo de redacción e colaboradores, contaba con correspondentes en Santander, Madrid, Barcelona, Londres e Oslo. No ámbito informativo abordou temas relacionados co ecoloxismo, a política, a historia, a antropoloxía, a lingua, a cultura, etc. Incluíu ademais entrevistas, reportaxes de actualidade e diversas seccións dedicadas ao cine, teatro e humor gráfico.