Galicia Histórica

Galicia Histórica
[PUBLIC]

Revista bimestral editada en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1901. Cesou a súa edición en novembro de 1903 (nº 12). Dirixiuna Antonio López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Tipografía Galaica. Tentaba realizar un estudo compilatorio de fontes históricas e un labor poligráfico de estudios analíticos. Incluíu traballos de numismática, epigrafía, música, heráldica, arquitectura, escultura e pintura.

Palabras veciñas

Galicia Gráfica | Galicia Gráfica | Galicia Gráfica | Galicia Histórica | Galicia hoxe | Galicia hoxe | Galicia hoxe