Galicia no Tempo

Galicia no Tempo

Exposición de arte galega celebrada no mosteiro de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela) en 1991. Promovida pola Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia, o Arcebispado de Santiago de Compostela e as dioceses galegas, revitalizou o conxunto monumental de San Martiño Pinario, que sufriu unha ampla remodelación e restauración. Constituíu un amplo percorrido polas manifestacións artísticas galegas, escultura e ourivería, dende a prehistoria ata o s XX. Estruturouse en catro bloques: As Raíces, que abrangueu a arte dende a prehistoria ata a romanización; O Camiño, referido ao mundo medieval tomando como eixe o Camiño de Santiago; O Esplendor, dedicado á arte moderna; e A Nova Identidade, que recolleu a arte dos últimos anos.