Galicia Nueva

Galicia Nueva

Publicación liberal editada en Vilagarcía de Arousa a partir do 15 de marzo de 1907. Cesou en 1938. Subtitulouse “Periódico regional. Primer diario de Villagarcía”. Dirixírono sucesivamente Francisco Cano e Xoán Gándara. A partir de 1918 o xornal pasou a ser propiedade de Xosé B. Fernández Peón, quen tamén exerceu como director. No período 1923-1929 foi dirixido por Delfín Meis. Malia que as súas vendas descenderan dende 1918, coa chegada da Segunda República colleu certo pulo. Coa Guerra Civil converteuse en voceiro franquista. Ademais da información xeral, incluíu artigos históricos, textos literarios e poemas.