Galiña Azul, A
Galiña Azul, A
[LIT]
Conto infantil da autoría de Carlos Casares editado en 1968. Trátase dunha serie de historias dirixidas especialmente aos nenos, nas que a través de divertidas anécdotas contadas á nena protagonista, Ana, o autor pretende amosar o lector un mundo fantástico con seres marabillosos e cheos de vitalidade e imaxinación. Esta obra foi premiada no I Concurso de Contos O Facho.