Gallástegui Unamuno, Cruz Ángel
Agrónomo e xenetista. Estudiou agronomía na Universität Hohenheim (Stuttgart), onde obtivo en 1914 un título equivalente ao de enxeñeiro agrónomo. En 1917 marchou a EE UU para ampliar os seus estudios en xenética agraria, de mans de Th. Morgan, en química analítica e en patoloxía vexetal. En 1921 converteuse no primeiro director da Misión Biolóxica de Galicia e, instalado na Escola de Veterinaria de Santiago, iniciou os seus primeiros traballos co obxectivo de abordar problemas de aplicación inmediata á agricultura e á economía rexional. Centrouse nas enfermidades do castiñeiro, na mellora da produción de millo mediante hibridación e na busca da variedade de pataca máis axeitada ao medio físico galego. Tamén se dedicou á gandería, primeiro coa realización de estudios sobre gando vacún e porcino. Fundou con Daniel de la Sota o Sindicato de Productores de Semillas e realizou traballos e conferencias nos que falaba de cooperativismo e créditos agrarios. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e contribuíu á fundación da Revista de Economía de Galicia. Publicou numerosos artigos científicos e libros, entre os que destacan Métodos para aumentar las produciones del maíz (1927), Las posibilidades de la economía agrícola y ganadera de Galicia (1932) e El campo gallego (1958).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bergara, Gipuzkoa -
Deceso
Lugar : Pontevedra