galleiro -ra

galleiro -ra

(< galla)

  1. adx

    galludo.

  2. s m

    Galleta que ten tres ou catro gallas na punta.

    Confrontacións: forcanza.
  3. s m
    1. Pao longo que se apoia nunha estrutura, no que se colgan os chourizos para curalos ao lume.

      Ex: Ten tres galleiros cheos de chourizos no fumeiro.

    2. Gancho que pendura do teito que serve para soportar algo.

      Ex: Colocou algúns galleiros para que puxesen o caínzo.

    3. Pao colgado do teito, con varios ganchos laterais, sobre os que se penduran alimentos ou outros obxectos.

      Ex: Puxo as uvas no galleiro para que se conservasen.

    4. Estante que pode contar con ganchos e sobre o que se colocan alimentos ou outros obxectos como a louza.

      Ex: Gardou os pans no galleiro que hai encima da artesa.

  4. s m

    Pao que se lle colocan ás fabeiras para que gabeen por el.

  5. s m

    Peza de madeira en forma de Y que vai situada na parte dianteira do carro entre a cheda e o cabezallo.

  6. s m

    Cesto grande para transportar uvas.

  7. s m [MAR]

    Parte da embarcación onde se suxeitan os remos cando non se utilizan.