Gallegos del Mundo, Premio
Gallegos del Mundo, Premio
Premios instituídos en 2001 pola Xunta de Galicia e o grupo Unedisa que teñen como obxectivo promover a actividade cultural e científica como medio ou vehículo para a proxección internacional da comunidade galega. Teñen unha periodicidade bianual e concédense no eido das Letras, Artes Plásticas e Arquitectura, Artes Escénicas e Música, Cinematografía e Artes Audiovisuais, e Ciencias e Investigación. Sen dotación económica, os premiados reciben a escultura Fariñento de F. Leiro. Na súa primeira convocatoria foron galardoados Camilo José Cela, César Portela, Rogelio Groba, Xavier Villaverde e Luís Concheiro e Ángel Carracedo, nas respectivas modalidades.