Gandhi, Mohandas Karamchand

Gandhi, Mohandas Karamchand

Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou a independencia en 1947 e loitou desde entón pola convivencia pacífica entre hindús e musulmáns, polo que iniciou a súa última folga de fame, na que permanceu ata que os líderes de ambos os sectores se comprometeron a abandonar a loita. Doce días máis tarde morreu asasinado por un extremista hindú e a partir deste momento converteuse en referente mundial dos movementos pacifistas de loita non violenta.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Porbandar

  • Deceso

    Lugar : Nova Delhi