Gandhi, Rajiv
Gandhi, Rajiv
Político, fillo de Indira Gandhi. Foi elixido deputado do Parlamento en 1981 e dous anos despois nomeárono secretario xeral do Partido do Congreso (I). Tralo asasinato da súa nai accedeu ao cargo de primeiro ministro, no que se mantivo ata 1989 e no que houbo de enfrontarse á corrupción e aos conflitos étnicos. Nun novo intento de reelección, na campaña de 1991, foi asasinado cando visitaba o estado indio de Tamil Nadu.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bombai -
Deceso
Lugar : Sriperumpudur