García I

García I

Rei de Galicia (1063-1071 e 1072-1073), fillo de Fernando I e de Sancha de León. Formado xunto ao bispo Cresconio na escola da catedral de Santiago de Compostela, recibiu do seu pai o Reino de Galicia, o condado de Portugal e as parias de Badajoz e Sevilla. Tras ser unxido e coroado rei de Galicia (1063), iniciou o seu reinado influenciado polos bispos de Santiago, Cresconio e Gudesteo, e desde o 1069 por un cortesán chamado Vérnula. A influencia destes sobre o monarca e a neutralidade de Galicia no enfrontamento entre os seus irmáns, Afonso VI e Sancho II de Castela, provocou unha crecente oposición dos seus súbditos, que se materializou na sublevación do conde Nuno Menéndez. Tras derrotar os sublevados entre Braga e o Río Cávado (1070), reuniu a nobreza no palacio de Francelos e iniciou unha dura represión, que levou a nobreza galega a solicitar a intervención de Afonso VI e Sancho II. Trala reunión que mantivo en Tui con Afonso VI (febreiro de 1071), trasladouse a Badajoz e no sitio de Santarem foi atacado polos exércitos do seu irmán Sancho II, quen o fixo prisioneiro e iniciou a conquista de Galicia. Desterrado ao reino musulmán de Sevilla, os seus irmáns repartíronse Galicia. Non obstante , os enfrontamentos entre eles (1072) permitíronlle regresar a Galicia, onde Afonso VI o apresou e recluíu no castelo de Luna. A nova prisión do rei provocou a sublevación da nobreza galega encabezada polo conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo de Santiago Diego Peláez.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso