García, Xácome

García, Xácome

Mestre de obras. Colaborou nas obras do Hospital Real (1510), onde realizou dúas fontes (1510), traballou nas bóvedas (1527) e fixo outros traballos (1533). Traballou vinculado a Juan de Álava e en 1521 asumiu a dirección das obras do claustro da catedral de Santiago de Compostela xunto con Xoán de Bergantiños e Alonso Gontín, co que foi mestre de obras do colexio de Santiago Alfeo (1532). Na catedral realizou a capela da Concepción (1523), segundo as trazas de J. de Álava, diversas obras na capela de Mondragón (1525) e reformas na capela do Espírito Santo (1526). En 1531 encargouse das obras de reforma da capela parroquial de San Xoán Apóstolo. Fóra de Santiago traballou na capela maior de Santa María a Grande de Pontevedra con Diego Gil, Alonso Mariño e Rodrigo de Rioboo (1520).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela XVI