García Alén, Alfredo

García Alén, Alfredo

Historiador e etnógrafo. Licenciado en Dereito e Historia, comezou a colaborar dende neno no Museo de Pontevedra. Profesor de bacharelato e da Escola Normal de Pontevedra, foi auxiliar (1952) e secretario (1954) do Museo de Pontevedra, subdirector da Casa-Museo de Rosalía de Castro e, dende 1979, secretario técnico de arquivos, bibliotecas e museos da Xunta de Galicia. Realizou estudios de arqueoloxía, antropoloxía e etnografía. Colaborou, entre outras publicacións, en Museo de Pontevedra, Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos. Colaborou con L. García Alén e X. M. Gómez Vilasó en La alfarería de Galicia (1983) e con Antonio de la Peña publicou Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (1980). Escribiu A alfarería na literatura popular galega (1980) e Pontevedra monumental (1982), con debuxos de X. Conde Corbal. Pertenceu ás seccións de arqueoloxía e etnografía do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e ao padroado do Museo do Pobo Galego. Foi correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia Galega.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso