García de Diego, Vicente
Filólogo e lexicógrafo. Catedrático de latín e lingua castelá do Instituto de Pontevedra (1902-1907), do de Burgos (1907-1917), do de Zaragoza (1917-1919) e do Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, que tamén dirixiu. Ademais deu clases de latín e dialectoloxía castelá na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Madrid. Fundou no CSIC a sección de Tradiciones Populares (1942), e a Revista de dialectología y tradiciones populares (1944), onde se recollen varios traballos sobre a etnografía e lingüística galegas. Como dialectólogo estudiou, ademais das outras linguas do dominio hispánico, o galego (Elementos de gramática histórica gallega (fonética y morfología), 1909, e Dicionario etimológico español e hispánico, 1954). Dirixiu o Seminario de Lexicografía da Real Academia Española (1964-1969), o Dicionario histórico de la lengua española e a corrección e preparación da décimo novena edición do Dicionario de la lengua española da RAE. Outras obras de lexicoloxía española son, entre outras, o Manual de gramática castellana (1921) e o Dicionario etimológico español e hispánico (1954). Tamén publicou obras de carácter literario: De acá para allá (1968), Sol y sombra (1969), Versos para mí (1973) e Cosas que olvidó el olvido (1975). Membro da Real Academia Española (1926), membro correspondente da Real Academia Galega, correspondente da Academia de Ciências de Lisboa e membro da Hispanic Society of America.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vinuesa, Soria -
Deceso
Lugar : Madrid