García Sarmiento, Félix Rubén

García Sarmiento, Félix Rubén

Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Metapa, actual Ciudad Darío

  • Deceso

    Lugar : León, Nicaragua