García-Barbón Sola, Xosé

García-Barbón Sola, Xosé

Filántropo. Emigrou de neno a Cuba, onde foi un dos fundadores da Junta de Beneficiencia de los Naturales de Galicia. Fundou o Banco García-Barbón de La­ Habana, onde foi concelleiro e membro de diversas compañías comerciais. Regresou a Galicia en 1884 e instalouse en Verín, onde contribuíu á restauración da igrexa parroquial e do santuario de Nosa Señora dos Remedios, promoveu a compañía de automóbiles entre Verín e Ourense, da que foi accionista, e a Electro SA de Verín. Fundou o colexio de San Xosé e dotouno dos elementos pedagóxicos máis modernos. Trasladouse a Vigo, onde favoreceu a construción das escolas superior e elemental industrial e salesiana do Areal, a urbanización da cidade e doou os terreos onde se construíu a Escola de Artes e Oficios, posteriormente Universidade Popular de Vigo. Contribuíu á celebración dos Xogos Florais de Tui. Recibiu as cruces da Beneficiencia, Isabel la Católica e a Gran Cruz de Alfonso XII.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Verín

  • Deceso

    Lugar : Vigo