García-González

García-González
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas escudo partido: primeira partición, terciado en faixa -primeiro e terceiro, en campo de sinople, con tres vieiras de prata-; segunda partición, en campo de azul, cun castelo de prata, de tres torres, e en cada unha delas, pousando un paxaro, de sable.