García-Camba
García-Camba
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que reúne as familias dos García e dos Camba. As súas armas traen escudo cuarteado: primeiro, en campo de prata, con tres estacas de sinople, espetadas nun terrazo da mesma cor e enlazadas por unha cadea; segundo, en campo de sinople, cun guerreiro armado, de prata, cunha espada denuda e gornecida de ouro; terceiro, en campo de ouro, con oito cambas de freixo, de azul, postas en faixa; cuarto, en campo de prata, cunha árbore de sinople, terrazado e copado, e un león ao natural, lampasado de goles, pasante e atado ao tronco con cadea; bordo de goles, con doce castelos, de ouro.