Garrido Rodríguez, Xaime

Garrido Rodríguez, Xaime

Arquitecto e publicista. Foi arquitecto municipal de Baiona (1968-1973) e asesor técnico da Universidade de Vigo (1994-1998). Defensor do patrimonio arquitectónico, conseguiu a declaración de Ben de Interese Cultural da antiga estación de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza de Vigo. Das súas obras destaca o complexo parroquial dos Padres Capuchinos de Vigo. Mostrou as súas fotografías arquitectónicas nas exposicións Arquitectura modernista, Vigo 1900-1920 (1980) e Castelos de Galicia (1995). Formou parte da xunta de goberno do Colexio de Arquitectos e presidiu a comisión de Cultura. Foi membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do Instituto de Estudios Tudenses. Colaborou na sección de arqueoloxía do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi coautor de Vigo 1900-1920, arquitectura modernista (1980), Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista (1995) e Vigo, arquitectura urbana (2000); e autor de Fortalezas de la antigua provincia de Tui (1987), Vigo, la ciudad que se perdió (1991) e Arquitectura da pedra en Vigo (2000). Recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra en 1986 e 1989.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo