Garrucha
Garrucha
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado na beira do Mediterráneo, entre Vera e Mojácar (4.867 h [1996]). A súa economía baséase no turismo e na pesca. Fundada no s XVI, do seu patrimonio cultural destacan o castelo de Garrucha e a igrexa de San José.