Gas, Mario
Actor e director de escena. Formado no teatro universitario e independente nos anos sesenta, a súa traxectoria abrangue moi diversos traballos, desde a xestión teatral ata a promoción da ópera, amais da formación de actores, das colaboracións en televisión e dos traballos como actor de dobraxe. Traballou no Festival Grec, co Centro Dramático da Generalitat, no Teatro do Liceo de Barcelona. Como actor hai que destacar a súa participación en diversos espectáculos, como Doña Rosita la soltera, con dirección de Jorge Lavelli, Medea, con dirección de Lluis Pasqual, ou María Rosa, con dirección de John Strasberg. Dirixiu Salomé, para a Compañía de Nuria Espert, e O mozo que chegou de lonxe, para o Centro Dramático Galego (1988). Recibiu diversos premios, entre os que destaca o Premio Nacional de Teatro de Cataluña en 1986, polo seu espectáculo La Ronda, creado a partir do texto homónimo de Arthur Schnitzler.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montevideo