gata

gata

(

  1. s f [ANIMAL]

    Femia do gato. Na tradición oral recóllense ditos como: “Gata roxa, tal as fai, tal as coida. Sempre que botes a gata na cama, ten coidadiño de non mancala nin couceala”.

  2. s f [MAR]
    1. Mastro máis pequeno do navío situado na popa.

    2. Pescante de madeira ou de ferro que servía para colgar a áncora a rentes da orla cos aparellos.

    3. Cabo de corda ou cadea, cun gardacabo nun extremo e un gancho no outro, para colgar a áncora nun costado da nave.

    4. Vara do medio nos instrumentos en forma de cruz.

  3. s f [HIST/BÉL]

    Construción recuberta de madeira ou de coiro debaixo da que se protexen os asediadores dos muros ou fortificacións.

Frases feitas

  • A gata coas présas pariu os gatos cegos. Expresión que indica que cando as cousas se fan con présa, saen mal.

  • A/De gatas. A catro patas, apoiando as mans e os pés ou os xeonllos. SIN: a gatiñas, de gatiñas.

Palabras veciñas

gastrulación | gastullo | gasumelo | gata | Gata | Gata | Gata de Gorgos