gata
(
-
s
f
[ANIMAL]
Femia do gato. Na tradición oral recóllense ditos como: “Gata roxa, tal as fai, tal as coida. Sempre que botes a gata na cama, ten coidadiño de non mancala nin couceala”.
-
s
f
[MAR]
-
Mastro máis pequeno do navío situado na popa.
-
Pescante de madeira ou de ferro que servía para colgar a áncora a rentes da orla cos aparellos.
-
Cabo de corda ou cadea, cun gardacabo nun extremo e un gancho no outro, para colgar a áncora nun costado da nave.
-
Vara do medio nos instrumentos en forma de cruz.
-
-
s
f
[HIST/BÉL]
Construción recuberta de madeira ou de coiro debaixo da que se protexen os asediadores dos muros ou fortificacións.
Frases feitas
-
A gata coas présas pariu os gatos cegos. Expresión que indica que cando as cousas se fan con présa, saen mal.
-
A/De gatas. A catro patas, apoiando as mans e os pés ou os xeonllos. SIN: a gatiñas, de gatiñas.