Gatčina

Gatčina

Cidade da oblast de Leningrado, Rusia (78.000 h [1981]). Ten construcións mecánicas, metalurxia e industria lixeira. Desenvolveuse ao redor do palacio de Gatčina, construído no s XVIII polo arquitecto A. Ranaldi para o favorito da Tsarina Catarina II e convertido no s XIX en residencia de verán dos tsares.