GATEPAC

GATEPAC

[Grupo de Arquitectos y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea.] Asociación creada en Zaragoza o 26 de outubro de 1930 nunha reunión convocada polo Grup d’Arquitectes i Técnics Catalans per el Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC), xunto con outros arquitectos de Madrid e Euskadi. O grupo vasco estaba composto por J. Labayen e J. M. Aizpurúa, e o de Madrid por F. García Mercadal, F. López Delgado, R. Aníbal Álvarez, S. Esteban de la Mora, M. Martínez Chumillas e V. Calvo. Foron a sección do CIRPAC e colaboraron na organización dos CIAM. Foron os representantes do racionalismo.