Gates, William Henry
Presidente do Consello e Arquitecto de Software de Microsoft Corporation. Iniciado na informática dende a infancia, aos 13 anos elaborou os seus primeiros programas. Admitido na Harvard University en 1973, desenvolveu unha versión da linguaxe de programación BASIC para a primeira microcomputadora (MITS Altair). Un ano despois, abandonou a universidade para fundar Microsoft (1975) co seu amigo da infancia Paul Allen. Nesta empresa dedicouse á elaboración de software co obxectivo de ampliar o mercado de usuarios de computadoras persoais, facéndoo máis sinxelo e accesible. En 1977 presentou o Microsoft FORTRAN. En 1980 IBM escolleuno para deseñar un sistema operativo para as súas computadoras; Gates adquiriu un que deseñara Tim Paterson, o QDOS, mudoulle o nome por MS-DOS e entregoullo a IBM. O produto resultou un éxito comercial. En 1982 comezou a crear aplicacións para DOS: a primeira foi Multiplan; en 1983 lanzou o procesador de textos Word; en 1984 incorporouse ao deseño de programas para as computadoras Macintosh de Apple; en 1987 presentou o sistema operativo Windows 2.0. Coas sucesivas versións de Windows, Microsoft converteuse na principal provedora de software.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Seattle