Gattopardo, Il
Gattopardo, Il
[IMAX]
Produción cinematográfica italiana realizada en 1963. Foi dirixida por Luchino Visconti e interpretada por Burt Lancaster, Claudia Cardinale, Alain Delon, Paolo Stoppa, Rina Morelli e Romolo Valli. A película encádrase na época histórica do Risorgimento, e reflicte perfectamente os modelos sociais da época. O filme transmite unha mensaxe política que se resume na frase que repiten varios personaxes, “Se queremos que todo quede como está, é necesario que todo cambie”. Esta película gañou a Palme d’Or do Festival de Cannes de 1963 e converteuse nunha das mellores obras de Visconti.