Gaulle, Charles de

Gaulle, Charles de

Militar e político francés. Graduado na Academia Militar de Saint-Cyr, interveu na Primeira Guerra Mundial, e posteriormente foi membro do Consello Superior de Guerra do mariscal Pétain (1925). Trala toma de París polos alemáns, durante a Segunda Guerra Mundial, fuxiu a Londres, onde constituíu o Comité de Liberación Nacional (xuño de 1940), que copresidiu xunto a H. Giraud ata 1944, data na que constituíu o goberno provisional da República Francesa. En agosto de 1944 comandou as tropas que entraron na capital liberada e rematada a guerra, e a Asemblea Constituínte nomeouno presidente do Goberno provisional en novembro de 1945, pero dimitiu en xaneiro de 1946 por desacordos coa política partidista imperante. En 1958 foi elixido presidente da República e comezou unha política baseada na pacificación colonial, o desenvolvemento económico e social, o europeísmo e a independencia nacional francesa respecto aos grandes bloques. Criticou a política norteamericana no Vietnam, vetou o ingreso de Gran Bretaña na CEE e retirou a Francia da estrutura militar da OTAN. A súa política de reformas non logrou frear as protestas obreiras e estudiantís e en 1969 presentou a súa dimisión.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Deux

  • Nacemento

    Lugar : Lille

  • Deceso

    Lugar : Églises, Champagne