Gavà
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (37.985 h [1996]). O desenvolvemento turístico dos anos sesenta e a xeralización do veraneo das clases medias barcelonesas motivaron a construción dun gran número de chalés e bloques de apartamentos e de diversos cámpings. Destaca tamén a industria, iniciada xa en 1914 coa fábrica da Compañía Roca, de material sanitario e radiadores, ademais das industrias siderometalúrxicas, químicas, téxtiles e do ramo da construción. O ensanche, formado no s XX, esténdese cara ao NL e actualmente forma un continuo urbano con Viladecans. Hai urbanizacións do tipo de cidade xardín (Bruguers e Can Llong). Ten a estación do ferrocarril de Vilanova i la Geltrú a Barcelona e atravesa o termo a autovía de Castelldefels. Vinculada desde a Idade Media ao mosteiro de San Cugat del Vallès, do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Eramprunyà.