Gebze
Gebze
Cidade do il Kocaeli, Turquía, na rexión do Mármara e Costas do Exeo (159.116 h [1990]). Situada ao O de Izmit, forma parte da súa área metropolitana. Antiga cidade de Libyssa, do seu patrimonio cultural destaca o mausoleo de Aníbal.