Geddes, Patrick

Geddes, Patrick

Biólogo e sociólogo. Preocupado polos problemas do contorno, centrou os seus estudios no urbanismo, polo que realizou proxectos de mellora de cidades de Escocia e da India. Creou a primeira escola británica de socioloxía en Edimburgo e colaborou na fundación en 1903 da Sociedade Sociolóxica de Londres. Publicou City Development (1904) e Cities in Evolution (1913). Como biólogo escribiu, xunto con J. A. Thomson, The Evolution of Sex (1900).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ballater, Escocia

  • Deceso

    Lugar : Montpellier