Geelong
Geelong
Cidade do estado de Victoria, ao S de Australia (145.323 h [1991]). Está situada na baía de Corio, sector occidental da baía de Port Philip, e na ribeira do río Barwon, ao SO de Melbourne. Ten porto e refinería de petróleo.