Geertz, Clifford

Geertz, Clifford

Antropólogo norteamericano. Estudiou na Harvard University. Realizou traballos de campo en Xava, Bali e Marrocos. Foi profesor de antropoloxía na University of Chicago (1960-1970) e de ciencias sociais no Institute for Advanced Study de Priceton dende 1970. Os seus traballos centráronse na acción simbólica e no uso dos sistemas de símbolos. Defendeu que a cultura dos pobos é un conxunto de textos que forman unha unidade neles mesmos e que a tarefa do antropólogo consiste en interpretalos como se se tratase de textos literarios. Da súa produción destaca The Impact of the Concept of Culture (1965), The Interpretation of Cultures (1973), Local Knowledge (1983) e Works and Lives. The Anthropologist as Author (1987).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Francisco