Gehenna ou Guehenna
Gehenna ou Guehenna
Lugar de castigo dos culpables despois da morte, no Novo Testamento e entre os rabinos. O costume de dar este nome (que deriva do do val de Hinnon, ao S de Xerusalén), ao inferno, radica no feito de que naquel val se sacrificaban os neonatos a Moloc e que, despois do exilio, se converteu nun queimador de lixo.