Gehlen, Arnold

Gehlen, Arnold

Filósofo alemán. Doutorado en Filosofía na Universität Leipzig (1927), foi profesor nas universidades de Leipzig (1938-1940), Königsberg (1940-1944) e Viena (1948-1962) e nas escolas de Verwaltungswissenschaft de Speyer (1948-1962) e de Technischen Hochschule de Aachen (1962-1969). Influído polo idealismo de I. H. von Fichte, centrou os seus estudios na natureza do home, o seu posto no mundo e fronte ás tecnoloxías e nas formacións culturais elaboradas por este. Considerou que o filósofo debe estudar os mesmos fenómenos que estudian as ciencias, aínda que adoptando un punto de vista propio, intuitivo e fenomenolóxico. Afirmou que o ser humano é un ser natural que, a diferenza do resto dos animais, non ten que adaptarse ao medio nin loitar pola supervivencia da especie; xa que estes labores serían substituídos pola linguaxe e polas institucións sociais e técnicas. Das súas obras destacan Theorie der Willensfreiheit (Teoría da liberdade da vontade, 1933), Der Mensch. Seine Natur uns seine Stellung in der Welt (O home, a natureza e o seu lugar no universo, 1940) e Moral und Hypermoral. Eine pluralistische Ethik (Moral e hipermoral. Ética pluralista, 1969).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Leipzig

  • Deceso

    Lugar : Hamburgo