Gelves

Gelves

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da cidade de Sevilla, á beira do Guadalquivir (5.084 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura (froitas, algodón e oliveiras), tanto de secaño como de regadío. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María de Gracia.