Genovés

Genovés

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.314 h [1996]). Dedicado maioritariamente aos cítricos. No secaño cultívanse oliveiras e ervellas de ceratonia. As actividades industriais son as derivadas da agricultura; aquí é tradicional a fábrica de alpargatas. Casal musulmán nas súas orixes, foi o señorío dos condes de Olocau e de Fenollet. Do patrimonio cultural destacan a igrexa barroca e o palacio dos Olocau.