Gentoften

Gentoften

Cidade do amt de Copenhaguen, Dinamarca, que forma parte da área suburbana residencial do N de Copenhaguen (67.957 h [2000). Exerceu tamén funcións comerciais e en menor importancia industriais. Do seu patrimonio cultural destacan os castelos de Charlottenlund (1730) e do Erimitage (1736) e o Jaegersborg Deerpark.