Gera

Gera

Cidade do land de Turinxia, Alemaña (114.718 h [2000]). Sitúase sobre un socalco da beira esquerda da Weisse Elster. Beneficiouse da presenza de recursos mineiros ao N e ao L (Altenburg). As industrias máis notables son a téxtil, a de electrotecnia e a fabricación de instrumentos de música. De orixes medievais, foi un importante centro produtor de panos entre os ss XV e XIX. Do seu patrimonio cultural destaca o Unter Haus (ss XVI-XVII).