Gerena

Gerena

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no alto val do río Guadiamar (5.405 h [1996]). Ten agricultura (cereais, acelgas e oliveiras) e gandería (ovina e porcina). No sector industrial destacan as explotacións de granito. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas da Inmaculada Concepción e de San Benito.