Géricault, Théodore

Géricault, Théodore

Pintor francés. Representante do artista romántico, formouse con Carle Vernet (1808) e con P. N. Guérin (1810) en París. No Salon de 1812 expuxo con éxito Officer de chasseurs de la garde impériale chargeant. En 1814 pintou Le Cuirassier blessé quitant le feu. Asistiu á Académie de France de Roma, onde pintou a Radeau de la Medusa (exposta no Salon de 1819), que retrata os superviventes dun naufraxio da época. Na súa estancia no Reino Unido (1820-1822) pintou Derby d’Epson (1821). Tamén pintou diversos retratos de enfermos mentais, como Monomane du jeu e Aliéné kleptomane.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rouen

  • Deceso

    Lugar : París