Giacometti, Alberto

Giacometti, Alberto

Escultor e pintor suízo. Abandonou o naturalismo e cara ao 1930 vinculouse ao surrealismo, con obras como O palacio ás 4 da madrugada (1932-1933). A partir de 1935 creou unha arte figurativa de formas alongadas e nerviosas coroadas de bustos deformes, figuras estáticas ou en actitude de camiñar, como Home que sinala (1947) ou Home que camiña baixo a choiva (1948). Na década dos 50 comezou a pintar, entre outras obras, retratos nos que destaca A nai do artista (1950).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Stampa

  • Deceso

    Lugar : Chur