Gijón
Municipio do Principado de Asturias, situado ao NL de Oviedo, no centro dunha ampla baía do mesmo nome (264.381 h [1996]). Trátase dun dos centros e dos portos máis activos da costa cantábrica. Xunto á actividade portuaria, desenvolvéronse importantes industrias, principalmente metalúrxicas e siderúrxicas. Antiga poboación romana, foi ocupada polos musulmáns no s VIII e atacada polos normandos no s IX. Nos ss XVI e XVIII iniciou unha serie de melloras no porto que o levaron a converterse nun importante centro comercial. O avance industrial da cidade estivo acompañado por un importante movemento sindical que culminou en outubro de 1934 cunha revolta obreira. Moi castigado pola Guerra Civil, foi ocupado polas tropas do xeneral Franco en outubro de 1937. Do seu patrimonio cultural destaca a necrópole megalítica de Monte Areo, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1997, o xacemento romano de Campa Torres, o palacio dos Marqueses de San Esteban del Mar (s XII), o palacio de Jove Huergo e a capela da Trinidad, BIC desde 1995, e o conxunto histórico-artístico do barrio vello de Gijón, declarado BIC en 1975.