Gil de Zárate, Antonio
Dramaturgo e político. Estudiou ciencias exactas e literatura. Foi nomeado oficial do ministerio do Interior (11.4.1835), oficial da secretaría de Gobernación (1843) e de aí pasou a director xeral de Instrución Pública e subsecretario do ministerio de Gobernación. Coa revolución de 1854 cesou dos seus cargos e en 1856 volveu exercer na Instrución Pública. Foi o responsable intelectual do Plan Pidal de educación secundaria que poñía en marcha os institutos de bacharelato, cunha ordenación que substancialmente despois recolleu a Lei Moyano (1857), e avogaba pola necesidade de secularizar o ensino (De la Instrución Pública en España, 3 vols, 1855). A súa obra literaria inclúe dramas (El entrometido, 1825; Cuidado con las novias, 1826; Un año después de la boda, 1826; Carlos II el Hechizado, 1837; Rosamunda, 1839; Guillermo Tell, 1843), comedias (Matilde, 1841; Un amigo en el candelero, 1842; Cecilia, 1843) e obras de tema histórico-político (Don Rodrigo, 1827; Blanca de Borbón, 1829).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : El Escorial -
Deceso
Lugar : Madrid