Gillespie, Dizzy
Gillespie, Dizzy
Trompetista, cantante, compositor e director de orquestra de jazz estadounidense. Coñecido co pseudónimo de John Birks, xunto con Charlie Parker foi un dos iniciadores do estilo renovador do bop e tocou nas orquestras de Teddy Hill, Cab Calloway e Earl Hines. Como instrumentista destacou polo virtuosismo das súas improvisacións e nos anos cincuenta foi un dos introdutores dos ritmos afrocubanos no jazz.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cheraw, Carolina do Sur -
Deceso
Lugar : Nova York