Giraud, Henri
Giraud, Henri
Militar e político. Estudiou na academia militar de Saint-Cyr e serviu no N de África. Participou na Primeira Guerra Mundial e posteriormente volveu a Marrocos (1922), onde participou na loita contra os independentistas na captura de Abd el-Karim. Dende 1936 dirixiu as tropas estacionadas en Lorena. Capturado trala invasión alemá na Segunda Guerra Mundial, fuxiu da prisión (1942) e marchou a Arxel, onde asumiu o mando supremo da África colonial francesa. Presidiu, xunto con De Gaulle, o Comité Francés de Liberación (1943) e dirixiu a invasión de Córsega apoiándose nos comunistas. Retirado do exército en abril de 1944, foi vicepresidente do Consello Supremo da Guerra (1945-1948). En xuño de 1946 foi elixido membro da Asemblea Constituínte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Dijon