fatalismo

fatalismo

(< fatal)

  1. s m [FILOS]

    Concepción filosófica segundo a cal todo é inevitable e polo tanto fatal, de tal xeito que no mundo e na vida humana todo está xa escrito de antemán polo destino. Oponse á liberdade humana, posto que a existencia está predeterminada, de acordo con algunha clase de lei que se converte nun destino ineludible, nunha fatalidade todopoderosa. Esta corrente estivo moi presente na filosofía estoica, que defendeu a necesidade de procurarlle a paz interior ao ser o destino inevitable, e, en certos aspectos, tamén en A. Schopenhauer.

  2. s m

    Actitude da persoa que asume esa doutrina e non atopa a posibilidade de cambiar o seu destino.

Refráns

  • A desgracia que ha de vir, non pode fuxir.
  • Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a egua.
  • Cada un nace para o que é.
  • Cada un nace para o que ha ser.
  • Este mundo así o topamos e así o ternos que deixar.
  • O paxariño que se ha perder, ás lle han de nacer.
  • O paxaro que se ha perder, ás lle han nacer.
  • O porco que é para o lobo, non hai san Antón que o garde.
  • O que a ser pobre está condenado tanto lle ten correr como estar sentado.
  • O que de Deus está, á man virá.
  • O que está de Deus non o leva o demo.
  • O que estea de Deus, á man se volve.
  • O que ichavo nace nunca a carto chega.
  • O que nace para ichavo nunca a carto chega.
  • Para os desgraciados fixéronse os infortunios.
  • Quen nace para ichavo, mal pode chegar a carta.

Palabras veciñas

Fatah, al- | fatal | fatalidade | fatalismo | fatalista | fate | Fatehpur Sīkri